Docsity
Docsity

Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes

Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity


Consigue puntos base para descargar
Consigue puntos base para descargar

Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium


Orientación Universidad
Orientación Universidad

Normalización Lingüística en la Universidad de Santiago: Uso del Gallego en la Docencia, Ejercicios de Pensamiento Creativo

Este documento discute la importancia de la normalización lingüística en la Universidad de Santiago de Compostela y el uso de la lengua gallega en la docencia. Se analizan los problemas existentes, como el escaso dominio de la lengua por parte del profesorado y el alumnado, y se propone la necesidad de un programa ejecutivo para garantizar el uso de la lengua gallega en la docencia. Ana Rodríguez de Prado.

Qué aprenderás

  • ¿Qué medidas se pueden tomar para garantizar el uso de la lengua gallega en la docencia?
  • ¿Qué problemas existen en cuanto al uso de la lengua gallega en la Universidad de Santiago de Compostela?

Tipo: Ejercicios

2019/2020

Subido el 15/07/2020

rodriprado98
rodriprado98 🇪🇸

3 documentos

1 / 10

Toggle sidebar

Esta página no es visible en la vista previa

¡No te pierdas las partes importantes!

bg1
1
FORMACIÓN EN GALEGO DO ALUMNADO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORMACIÓN DE
PROFESORADO DE LUGO
Francisco Xosé Candia Durán
Dpto. de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social
Universidade de Santiago de Compostela
1. PANORAMA UNIVERSITARIO
A situación do galego na nosa Escola debemos entendela loxicamente dentro do
estado da lingua a nivel xeral na sociedade (non debemos perder de vista o feito de que as
organizacións están configuradas por persoas, coas súas virtudes, actitudes e defectos), e
por suposto tampouco nos é allea a condición, competencias, usos e actitudes cara ao
galego no ámbito concreto desta Universidade.
No tocante a aspectos normativos propios da USC, debemos indicar que temos normas
suficientes, significadas especialmente nos Estatutos de 2004, no Regulamento de uso do
galego de 1993, e sobre todo no Plan de normalización lingüística de 2002, que orientan,
entre outros, verbo de: a identificación da universidade co galego, as normas que cómpre
cumprir, os obxectivos que se pretende conseguir e as estratexias e medidas que se deben
poñer en marcha para acadalos.
A pesar de todo, e como se poderá supoñer mirando ao noso redor, o seu
cumprimento (e polo tanto, eficacia) foi e é francamente moi mellorábel; sirva este dato de
ilustración: desde hai varios anos e con excepción do presente curso, o nivel xeral de
docencia en galego da USC está estancado nos arredores do 20%, cifra absolutamente
insuficiente
1
. Outra información que exemplifica o escaso efecto dalgunhas propostas
normativas: a USC contempla tres competencias transversais para todas as titulacións de
1
Para máis información, consúltese http://www.usc.es/snl/dinamiza/evolucion.pdf. Infelizmente a situación
das universidades do norte e do sur de Galiza non é mellor, pero, quizais neste eido, considerando a tradición
histórica da nosa universidade, debería ser certamente a USC a que liderase significativamente o proceso de
normalización académica da lingua galega. A índa que sexa tópico recorrer a este tipo de comparacións e malia
todas as diferenzas sociais, económicas, culturais, etc. que median, resulta esclarecedor sinalar que moitos
centros universitarios cataláns ofrecen varias materias vehiculizadas en castelán no primeiro curso, pero a
posteriori o habitual é o emprego de catalán. Isto aínda ten máis relevancia se indicamos que boa parte do
alumnado que estuda en Cataluña non é catalán (nalgún caso, como na licenciatura en Medicina, mesmo
excedendo o 80% da matrícula), pois procede doutros lugares do Estado, de Portugal e doutros países. Alí está
asumido socialmente que nun centro universitario catalán, o natural é que a docencia se desenvolva na lingua
propia dese territorio.
Ana Rodríguez de Prado
Tarea 1: Maquetar un artículo científico
Fecha de entrega: 17/02/2020
pf3
pf4
pf5
pf8
pf9
pfa

Vista previa parcial del texto

¡Descarga Normalización Lingüística en la Universidad de Santiago: Uso del Gallego en la Docencia y más Ejercicios en PDF de Pensamiento Creativo solo en Docsity!

FORMACIÓN EN GALEGO DO ALUMNADO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE FORMACIÓN DE

PROFESORADO DE LUGO

Francisco Xosé Candia Durán Dpto. de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social Universidade de Santiago de Compostela

1. PANORAMA UNIVERSITARIO A situación do galego na nosa Escola debemos entendela loxicamente dentro do estado da lingua a nivel xeral na sociedade (non debemos perder de vista o feito de que as organizacións están configuradas por persoas, coas súas virtudes, actitudes e defectos), e por suposto tampouco nos é allea a condición, competencias, usos e actitudes cara ao galego no ámbito concreto desta Universidade. No tocante a aspectos normativos propios da USC, debemos indicar que temos normas suficientes, significadas especialmente nos Estatutos de 2004, no Regulamento de uso do galego de 1993, e sobre todo no Plan de normalización lingüística de 2002, que orientan, entre outros, verbo de: a identificación da universidade co galego, as normas que cómpre cumprir, os obxectivos que se pretende conseguir e as estratexias e medidas que se deben poñer en marcha para acadalos. A pesar de todo, e como se poderá supoñer mirando ao noso redor, o seu cumprimento (e polo tanto, eficacia) foi e é francamente moi mellorábel; sirva este dato de ilustración: desde hai varios anos e con excepción do presente curso, o nivel xeral de docencia en galego da USC está estancado nos arredores do 20%, cifra absolutamente insuficiente^1. Outra información que exemplifica o escaso efecto dalgunhas propostas normativas: a USC contempla tres competencias transversais para todas as titulacións de (^1) Para máis información, consúltese http://www.usc.es/snl/dinamiza/evolucion.pdf. Infelizmente a situación das universidades do norte e do sur de Galiza non é mellor, pero, quizais neste eido, considerando a tradición histórica da nosa universidade, debería ser certamente a USC a que liderase significativamente o proceso de normalización académica da lingua galega. A índa que sexa tópico recorrer a este tipo de comparacións e malia todas as diferenzas sociais, económicas, culturais, etc. que median, resulta esclarecedor sinalar que moitos centros universitarios cataláns ofrecen varias materias vehiculizadas en castelán no primeiro curso, pero a posteriori o habitual é o emprego de catalán. Isto aínda ten máis relevancia se indicamos que boa parte do alumnado que estuda en Cataluña non é catalán (nalgún caso, como na licenciatura en Medicina, mesmo excedendo o 80% da matrícula), pois procede doutros lugares do Estado, de Portugal e doutros países. Alí está asumido socialmente que nun centro universitario catalán, o natural é que a docencia se desenvolva na lingua propia dese territorio. Ana Rodríguez de Prado Tarea 1: Maquetar un artículo científico Fecha de entrega: 17 / 02 / 2020

grao, unha das cales é «coñecemento instrumental da lingua galega»^2 ;como medida de promoción do galego trátase en si mesma dunha iniciativa destacábel ao noso entender, entre outras cousas porque chegará a afectar a todo o alumnado da institución. Pero incorpórase aos plans de estudo sen ningún tipo de acompañamento que a faga operativa (non hai responsábeis, nin formalizacións que permitan seguimento, nin avaliación, nin recursos, nin obxectivos, nin obrigas), o que vai provocar (moito nos tememos) que acabe tendo unha presenza meramente nominal e que polo tanto nada cambie na docencia respecto da situación actual. Nas actuais circunstancias, co nivel de uso ordinario (e mesmo dominio e actitudes, discretos) que manifesta o profesorado desta universidade, deixar á libre interpretación de cada docente o traslado á práctica desta competencia nas súas clases, titorías, documentos didácticos e demais actividades académicas, en parte semella un brinde ao sol: todas e todos sabemos que para adquirir unha competencia, a formación necesariamente debe incluír contidos detallados, tempos concretos, actividades e avaliación desa competencia.

2. O CONTEXTO DA EUFP Xa no que cómpre á nosa Escola, para entender axeitadamente todo o que logo se comentará, coidamos necesario ofrecer de partida algunhas breves indicacións: ❖ Trátase do centro universitario máis antigo da cidade da muralla, remontándose a súa orixe a 1842, ano no que se inaugura a Escuela Normal de Lugo. ❖ Desde 1956 o centro ten por sede un edificio de corte clásico racionalista, típico daquela época do franquismo, que pola súa antigüidade resulta unha infraestrutura notabelmente disfuncional para o que hoxe precisamos, aspecto que compensa co seu valor histórico e a céntrica situación na trama urbana actual da cidade. ❖ Ofreceu ata o momento catro títulos de mestra/e, e no futuro dous graos (en Educación Infantil e en Educación Primaria) alén doutra actividade académica (máster de secundaria, máster de actividades educativas na natureza, etc.). ❖ A matrícula actual anda arredor de 800 alumnos/as. Aproximadamente un terzo do alumnado procede da cidade de Lugo, outro terzo do rural da provincia, e o terzo restante doutros lugares da provincia, das outras tres provincias galegas e moi poucos, de fóra de Galiza.— N o tocante a profesorado, configuramos un colectivo duns 45 membros, case todos nacidos en Galiza. En todo caso, o profesorado non nativo leva moitos anos aquí, polo que o galego non lle é alleo a ninguén: o dominio das catro destrezas comunicativas (comprensión oral, comprensión escrita, expresión oral e expresión escrita) sería pleno a pouco que algúns deles se esforzaren na oralidade (e quizais tamén na escrita). ❖ O persoal de administración e servizos (arredor de 12 traballadoras/es) presenta uns niveis de normalización lingüística significativamente elevados, tanto se o comparamos co alumnado como co profesorado, tanto a nivel de expresión oral como escrita, o que vén a reflectir, como se sinalou máis arriba, a situación xeral da USC. (^2) As outras dúas son «coñecemento instrumental de linguas estranxeiras» e «coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación».

Claro que na EUFP detéctanse numerosos problemas ou carencias de partida (que están pexando a consecución dese obxectivo), entre os cales non carecen de relevancia o escaso uso da lingua galega por parte do profesorado e por parte do alumnado, e mais a escasa presenza do galego como materia nos plans de estudo. Detallámolo nos seguintes apartados.

4. AS LINGUAS DO PROFESORADO Como achegamento subxectivo aos niveis de uso das linguas^4 na docencia por parte do profesorado da EUFP, e deixando á marxe aquelas materias de linguas estranxeiras, que por motivos obvios deben ser impartidas en inglés ou francés, poderiamos dicir que vehiculiza a súa acción docente ❖ en galego, aproximadamente o 27% do profesorado (oralidade en clases e titorías, e textos formais ou didácticos como guías de aprendizaxe, fichas de prácticas, etc.); ❖ en castelán (e algo de galego, sobre todo se o/a docente respectivo é interpelado nesta lingua): sobre o 28%; ❖ e só en castelán: máis ou menos o 45% do profesorado. o anterior implica, en consecuencia, que a maioría do profesorado, tanto individual como colectivamente, non percibe (ou non se decata, ou resúltalle indiferente, ou réstalle valor a, ou...): [lista con viñetas] ❖ A importancia do uso dunha ou doutra lingua vehicular no exercicio do seu labor docente. ❖ A transcendencia que ten a lingua vehicular no emprego que dela faga o seu propio alumnado. ❖ O papel que xoga na fixación da lingua de profesionalización dos futuros titulados e tituladas. ❖ O valor da lingua galega (usada) como código comunicativo totalmente axeitado, pertinente e útil para o traballo universitario, á marxe de prexuízos discriminatorios tradicionais. Malia estas actitudes, é evidente a importancia que ten a lingua na que se forme a alumna ou alumno universitario, no que respecta á transferencia ao seu propio exercicio profesional futuro como mestra ou mestre: do mesmo xeito que se comproba unha tendencia natural do estudantado a reproducir no seu maxisterio ulterior as metodoloxías (^4) Os datos porcentuais que se achegan tanto neste apartado como no seguinte foron elaborados polo autor especificamente para este relatorio, desde o coñecemento directo da situación referenciada. Con seguridade aproxímanse máis á realidade que os publicados a partir de diferentes inquéritos; en efecto, sabemos, e así está estudado, que a maioría dos instrumentos que inciden sobre a lingua galega, e que polo tanto se vehiculizan maiormente en galego, ou mesmo os inquéritos para configurar o Plan de Ordenación Docente (POD), provocan nalgunhas persoas analizadas o efecto de sobrevalorar o seu propio compromiso fáctico coa lingua, e así tenden a responder máis o que lles gustaría facer ou o politicamente correcto, que como realmente se comportan.

didácticas que experimentou co seu profesorado universitario, igual acontece coa lingua formal, académica, de uso na universidade, e máis tarde nas escolas. Esta situación que se denuncia non é diferente á doutras carreiras, pero no noso caso é particularmente crítica en termos sociais (e mesmo de país que valoriza e emprega o seu patrimonio cultural como sinal de identidade), polo trascendental papel que xoga o profesorado de educación infantil e de educación primaria (o mesmo que nós formamos inicialmente na EUFP) na normalización lingüística e cultural da infancia e a xuventude. En virtude das circunstancias, polo principio de discriminación positiva e aplicando o que suxire a Lei de normalización lingüística e o mesmo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004, o lóxico sería que salvo as materias que tivesen oportunamente que ser vehiculizadas noutras linguas (linguas e literaturas española, inglesa e francesa, e mesmo as súas correspondentes didácticas), todas as demais materias puideran ser desenvolvidas en galego para superar a distancia de uso e dominio que media respecto do castelán, tanto por parte do profesorado como do alumnado da nosa Escola.

5. AS LINGUAS DO ALUMNADO Expoñamos agora algunhas estimacións (tamén con alicerce na experiencia do autor) e datos aproximados respecto de competencias, usos e actitudes cara ás linguas do alumnado do noso centro: ❖ A práctica totalidade posúe as catro destrezas comunicativas básicas en castelán. ❖ No caso do galego, preto dun 95% dispón tamén das catro destrezas, ou de tres polo menos (por suposto incluímos nesa porcentaxe estudantes que non son capaces de expresarse con fluidez ou que cometen incorreccións ostensíbeis). ❖ Uso habitual do galego en comunicacións formais: moi fraco, aínda que en bastante medida dependendo da lingua vehicular elixida previamente polo docente. De partida, e se non hai algunha indicación particular, o uso oral do galego nas clases e titorías é baixo, e a súa utilización nos diferentes traballos para as materias aínda é menor. Ademais é habitual que unha parte destacada do alumnado se exprese en castelán en materias impartidas en galego; por contra, unha alumna ou alumno que se exprese en galego en clases vehiculizadas en castelán semella unha rareza (non hai, pois, igualdade lingüística). ❖ Uso habitual do galego en comunicacións informais, malia que non sexa durante todo o tempo: arredor do 25% do alumnado. ❖ En xeral, alumnado monolingüe en castelán, ou cun clarísimo predominio desta lingua: cando menos o 35%. Alumnado monolingüe en galego: 5 % como moito. ❖ A maioría do alumnado é polo tanto bilingüe, alternando galego e castelán segundo a/o interlocutor, contexto, etc., pero non de xeito equilibrado, senón con evidente predominio da lingua castelá, e reservando habitualmente o galego para aquelas comunicacións nas que previamente a/o seu interlocutor xa ten feita esta mesma escolla, ou para as materias nas que o profesorado o usa de inicio.

Todo o contrario, debemos manternos alerta e non perder de vista que boa parte das e dos estudantes da EUFP, como expuxemos máis arriba, acabarán sendo mestras e mestres de materias ou áreas curriculares que deberán ser impartidas (polo menos legalmente) en galego, e que, a maioría exercerán nalgún momento o seu maxisterio no (moi extenso) rural da provincia de Lugo, territorio no que aínda é maioritaria a poboación que ten o galego como lingua habitual, o que pon máis de manifesto o problema. Tal é así que numerosos lingüistas e estudosos da relación educación-lingua, malia a consecución de institucións políticas coa aprobación do Estatuto de Autonomía de 1981, e a pesar da vixencia de abonda lexislación lingüística (a favor do galego, polo menos ata 2009), consideran que o tradicional efecto castelanizador do ensino obrigatorio sobre a sociedade galega (tanto nas zonas rurais como nas vilas ou nas cidades) segue sendo un feito incontestábel en todo o país, e mesmo máis intenso desde a restauración da democracia. Non todo é un fracaso, e por suposto hai avances parciais evidentes, pero mal que nos pese, desde a universidade contribuímos máis da conta á desgaleguización da sociedade, pois parte significativa das e dos estudantes que formamos hoxe nas condicións que antes vimos, dificilmente quererán implicarse como profesionais no futuro na consecución do obxectivo socialmente admitido de ampliar os usos e os contextos da lingua galega: é o proceso inverso ao de normalización.

6. O S PLANS DE ESTUDO Só como apuntamento complementario breve, que pode ser revelador da importancia que o noso centro e a USC en xeral lle viñeron concedendo ás materias de galego, queremos significar a presenza que foron tendo nos plans de estudo das titulacións de mestra/mestre da EUFP, datos que aproximadamente poderían ser extrapolábeis a todos os centros de formación de mestras e mestres de Galiza (tomado de Ares, 2002): ❖ En 1973 comézase, de xeito un tanto dubitativo, co galego nas escolas de maxisterio como materia optativa. ❖ Nos anos 80 vai medrando significativamente a súa presenza ata acadar 180 horas de formación para todas as titulacións do centro (1986), e a maiores materias optativas. É a mellor situación histórica, ao non conseguirse a especialidade na lingua propia do país. ❖ Ao abeiro da LOXSE e coa reforma de 1993 as horas obrigatorias diminúen dramaticamente, e pasan a oscilar (dependendo das titulacións) entre 15 e 30, alén das optativas. ❖ No plan de 2000 avánzase timidamente en horas e materias optativas respecto da situación anterior, pero continúase nunha situación de mínimos. ❖ Nos futuros plans de estudo, nos que a carreira de mestra/mestre pasa de tres a catro cursos^7 , e malia a esperanza concibida de poder aproveitalos para superar a situación actual de agonía formativa, o galego vai ter unha presenza aínda máis diluída que en épocas anteriores: no mellor dos casos, unha materia (^7) Para máis información, consúltese <http://www.usc.es/gl/servizos/sxopra/0313_graos_memorias. html>.

obrigatoria e outra optativa no grao de mestra/mestre en Educación Primaria, e dúas optativas no de Educación Infantil. En síntese, que grazas ás sucesivas reformas dos plans de estudo na formación de futuras/os docentes de educación infantil e de educación primaria, e á marxe do seu uso como lingua vehicular, o galego acaba practicamente desaparecendo como materia co seu formato tradicional, quedando relegado ao estatus de opcional ou transversal a varias materias (isto último, na práctica universitaria, quere dicir: a discreción das/dos respectivos docentes).

7. INICIATIVAS NORMALIZADORAS Quedou antes exposto que a situación de desigualdade entre as dúas linguas na EUFP é manifesta, existindo un claro desequilibrio desde todos os puntos de vista a favor do castelán. Tamén é obvio que se nos interesa preservar o noso patrimonio e potencialo co uso académico, medidas que discriminen positivamente o galego resultan claramente necesarias. Loitar contra toda esa realidade non é doado, pero algúns irredentos temos dado algún paso a favor do galego no contexto daquel centro. Por se serve de referencia a nosa modestísima experiencia, a continuación glósanse sucintamente algunhas iniciativas que en materia de normalización lingüística se puxeron en marcha nos últimos anos desde a EUFP: — Creación da Comisión de Normalización Lingüística delegada da Xunta de Escola. — Convocatoria para o noso centro dos Premios á calidade lingüística e á excelencia lingüística dos traballos académicos en lingua galega que anualmente organiza o Servizo de Normalización Lingüística da USC, para estimular o uso do galego por parte do alumnado nos seus documentos escritos para as diferentes materias. — Posta en marcha dun programa de innovación docente para a anticipación ao Espazo Europeo de Educación Superior, baseado no desenvolvemento dunha serie de medidas formativas para capacitar o noso alumnado en cinco competencias, que entendemos básicas para o axeitado desempeño da súa profesión. Entre esas competencias é fundamental a que fai referencia ao dominio das catro destrezas comunicativas en galego. — Relacionado co anterior, oferta de formación específica en calidade textual, a través de cursos diferenciados para o alumnado e para o profesorado. — Non debemos esquecer a diversa actividade cultural que se desenvolve na Escola ao longo de todo o curso (sexa propia do centro ou veña organizada por outros servizos da USC ou por outras entidades alleas a esta), pois a miúdo incorpora en si mesma un claro compoñente normalizador da lingua e da cultura galegas. 8. ALTERNATIVAS Á SITUACIÓN ACTUAL Tendo en conta todo o sinalado antes a nivel xeral para a USC, asumindo todas e todos a importancia da lingua galega na docencia da universidade e a necesidade de incrementar o seu uso, contando coa vontade e implicación das autoridades académicas para levar a cabo esta acción, en virtude da nosa experiencia e pensando en termos globais, a nosa proposta sería:

Costa, A. (1996): Entre a vella e a posible escola rural galega. Revista Galega de Educación , 26, 8-13. Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. DOG do 9 de febreiro (BOE do 22 de abril). < https://n9.cl/yxei> Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. DOG do 29 de xuño. < https://n9.cl/784f > Fernández, M.A. e Rodríguez, M.A. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992. Real Academia Galega 3 ( 3 ). González , M. e Rodríguez, M. A. Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Real Academia Galega 2 (2). Mesa Galega de Educación no Rural (2006): A educación no rural en Galiza. Sada:Eds. do Castro. Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. DOG do 14 de xullo. <https://n9.cl/ep6y > Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, de Estatuto de Autonomía para Galicia. BOE do 28 de abril. < https://n9.cl/23t7> Mosquera, X. M. e Pino, S. (2009): Lingua e docencia universitaria. V Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña. Plan de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Aprobado polo Claustro Universitario o 16 de outubro de 2002. < https://n9.cl/mcv9 > Plan Estratéxico da USC 2001-2010. < https://n9.cl/efazd > Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Aprobado polo Parlamento de Galicia o 21 de setembro de 2004. < https://n9.cl/p2vs > Regulamento de uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela. Aprobado pola Xunta de Goberno o 22 de decembro de 1993. < https://n9.cl/zmdw > Rodríguez, M.A. (1998): O idioma na Universidade de Santiago de Compostela: resultados dun inquérito realizado no curso 1995- 96. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Rodríguez, M. A. e López, M. S. (1988): O galego na universidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. USC. Servizo de Normalización Lingüística da USC .Consultado el 27 de marzo de 2010, en <https://n9.cl/x3mx >.