









Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Prepara tus exámenes
Prepara tus exámenes y mejora tus resultados gracias a la gran cantidad de recursos disponibles en Docsity
Prepara tus exámenes con los documentos que comparten otros estudiantes como tú en Docsity
Los mejores documentos en venta realizados por estudiantes que han terminado sus estudios
Estudia con lecciones y exámenes resueltos basados en los programas académicos de las mejores universidades
Responde a preguntas de exámenes reales y pon a prueba tu preparación
Consigue puntos base para descargar
Gana puntos ayudando a otros estudiantes o consíguelos activando un Plan Premium
Comunidad
Pide ayuda a la comunidad y resuelve tus dudas de estudio
Descubre las mejores universidades de tu país según los usuarios de Docsity
Ebooks gratuitos
Descarga nuestras guías gratuitas sobre técnicas de estudio, métodos para controlar la ansiedad y consejos para la tesis preparadas por los tutores de Docsity
Estes son apuntes sobre a asignatura de Teoría e crítica literaria impartida en galego na usc.
Tipo: Apuntes
Subido el 28/03/2022
5
(1)3 documentos
1 / 16
Esta página no es visible en la vista previa
¡No te pierdas las partes importantes!
O termo literatura (“literatura”, tal e como empregara Quintiliano) significa conxunto de saberes e ciencias profanos conservados mediante a letra escrita que foi evolucionando desde a súa creación; é dicir, como termo en si non existiu desde sempre, senón que variou desde a súa creación. No latín é un calco semántico do grego, que provén de “gramma” = letra. Non toda a literatura é un texto fixado, senón que hai moitos exemplos de textos representados, coma o teatro, o rap ou o hip-hop, onde falamos de literatura oral. Toda a actividade artística está vinculada ao termo “poiese”, que en grego significa crear e que pola súa banda fai referencia ao conxunto da actividade artística. O termo literatura entro lentamente nas linguas románicas como cultismo a partir so s. XV pero este termo non se consolida até a segunda metade do s. XVIII.
Disxuntiva : dise daquilo que non é conxuntivo. Diferida : xa que non ten por que existir un rexistro. In absentia : carecemos de autor, xa que non podemos preguntar. Unidireccional : só existe unha única interpretación (a de si mesmo). Intransitiva : non está orientada a un obxecto en concreto. Fronte a todo isto, a literatura oral e as formas resultantes da experimentación cos soportes dixitais fundaméntanse na simultaneidade e na copresenza.
“Nosotros no teníamos y no tenemos aún ninguna doctrina o sistema acabado. En nuestro trabajo científico, apreciamos la teoría sólo como una hipótesis de trabajo con cuya ayuda se indican y comprenden los hechos: se descubre el carácter sistemático de los mismos gracias al cual llegan a ser materia de estudio... establecemos principios concretos y, en la medida en que pueden ser aplicados a una materia, nos atenemos a ellos. Si la materia requiere una complicación o una modificación de nuestros principios, obramos de inmediato: nos sentimos libres con respecto a nuestras propias teorías (y toda ciencia debería serlo, pensamos, en la medida en que existe diferencia entres teoría y convicción). No existe ciencia acabada, la ciencia vive venciendo errores y no estableciendo verdades.”
exemplo), en lugar das posturas positivistas do s. XX, que se dedicaban só a dicir so unha historia cronolóxica de obras e vida dos autores.
Os xéneros literarios son a entrada da literatura e da teoría literaria no ensino medio. Aristóteles foi o primeiro en falar da teoría literaria en occidente e falou dos xéneros literarios, por iso teñen moita importancia. Dese Aristóteles, a cuestión dos xéneros foi o obxecto central da poética. Os xéneros literarios son, ao cabo, un marco de referencia inescusable para os fenómenos literarios. Están moi vinculados á experiencia e á práctica lectora. A teoría dos xéneros platónicos influíu na aricotélica e os saltos abruptos no tempo (seguindo o esquema clásico) ensínannos que este esquema clásico perviviu ata a actualidade ( desmoronándose só no Romanticismo). Algúns autores pensan que os xéneros literarios son o fundamental na teoría literaria. Respectivamente, o xénero mesmo pode ser un desafío ao xénero. A situación comunicativa do xénero é algo fundamental para o análise dos xéneros literarios. Por exemplo, unha autobiografía e unha novela diferéncianse na descrición da persoa que narra. Mirando cara atrás, un xénero é un enunciado descritivo que informa sobre un número de obras anteriores relacionadas con el; mirando cada adiante, o xénero vólvese sobre todo unha invitación a unha nova combinación de forma e materia. O xénero presentase como unha institución social que entraña un modelo de escritura para o autor, que sempre escribe nos modelo desta institución literaria, aínda que seca para crear outros novos. Por exemplo, na obra Lazarillo de Tormes, dentro da propia historia hai un marco ficcional onde hai unha persoa que conta a historia (Lázaro) e unha persoa (de papel, non real, ficcional) que a escoita. A problemática dos xéneros ten moito que ver coa transtextualidade. Desígnase deste xeito o conxunto de relacións que un enunciado literario mantén con outros”tout ce qui met un texte en relation, manifeste ou secrète, avec un autre texte”. Genette foi un dos primeiros en enunciar que os xéneros son a estrutura básica da teoría literaria. Hoxe en día, é desde a textualidade desde onde hai que entender os textos. Pero el, os arquitextos/arquixéneros están no horizonte máis elevado, son a cualidade máis abstracta. Ademais disto, tamén existen os intertextos, que se caracterizan por presentar intertextualidade ; é dicir, a presenza recoñecible dun texto noutro a través dunha alusión. A peratextualidade trátase da información adicional á obra na propia obra (dedicatorias, créditos, prólogo...).
N. Frye , que establece unha teoría dos modos segundo as calidades do heroe e segundo o seu poder de acción (modo mítico, marabilloso, mimético elevado ou superior, mimético baixo ou inferior e irónico). Perspectiva pragmática e sistemática. F. Moretti : xéneros e literatura mundial.
O relato comeza coa historia mesma da humanidade; non hai nin houbo nunca en ningunha parte un pobo sen relatos; todas as clases, todos os grupos humanos, teñen os seus relatos e moi a miúdo estes relatos son saboreados en común por homes de cultura diversa e incluso oposta: o relato búrlase da boa e a mala literatura: internacional, transhistórica, trans-cultural, o relato está alí, como a vida. A enunciación narrativa é o marco que constrúe a historia (marco ficcional creado pola novela). A narratoloxía é unha disciplina que se encarga de estudar, ademais da literatura, o cine, a música... Desde a narratoloxía, podemos analizar calquera tipo de texto, non só literario. Polo tanto, a enunciación narrativa é o que se encarga de dicir quen está dentro dunha historia. Por exemplo, nas Mil e unha noites, a finalidade da historia é explicar que a literatura pódeche salvar a vida. A voz dun relato é quen fala, quen conta a historia ( normalmente o narrador). A focalización é o lugar dende o que se mira, unha perspectiva. Non só nos temos que centrar en analizar ao narrador, senón que é moi importante o punto de vista. En moitas narracións hai discordancias entre quen fala e quen mira; por exemplo, nas narracións de estilo indirecto libre non hai concordancia entre quen fala e quen mira (a voz non é o mesmo que a perspectiva). Narración e cultura van ligadas, xa que sen narración non hai cultura e viceversa. A narración provén do étimo indoeuropeo “gno”, que significa coñecemento (podémolo saber polos termos “gnoseoloxía, gnoseolóxico...), polo que a narración está fortemente ligada ao coñecemento. Tamén podemos dicir que sen tempo non haberá relato; é dicir,, o tempo é consubstancial ao relato. Narrar consiste en relacionar uns elementos con outros, introducindo unha pauta interpretativa que involucra de forma sutil o presente co pasado. Nun relato, polo tanto ten moita importancia a “cuestión selectiva”, é dicir, saber que queda fora, xa que non se contan todos os detalles da historia. As dúas orientacións fundamentais son as seguintes: Showing : é practicamente diálogo, hai pouca (ou nula) intervención do narrador. Telling : Toda a historia (ou practicamente toda) é contada polo narrador, é dicir, o narrador é imprescindible na historia (polo tanto, moita intervención do narrador). Pode definirse o texto narrativo como un lugar de tensión entre o que asegura a súa unidade -a súa cohesión- e o que enxendra a súa dinámica – a súa progresión-. O relato pode considerarse como unha unidade contraditoria, saída da complementariedade entre un principio de cohesión e un principio de progresión. Cómpre diferenciar a narración do relato, seguindo as pautas necesarias:
Presenta unha forma xeral. Denomínase tamén “mythos”. Presenta unha modelización da acción. RELATO Presenta unha forma particular. Denomínase tamén “diégesis”. Presenta un modo enunciativo. Na traxedia non é posible representar diversos pasaxes da historia simultaneamente; o espectador está limitado á parte que os actores desenvolven na escena. Mentres que na épica a forma narrativa [diégesis] torna posible describir un número de incidentes simultáneos, e estes, si están relacionados co tema, acrecen o interese do poema. Esta é por certo unha vantaxe para a épica, pois tenden a darlle grandeza e tamén variedade de atracción e ámbito para os episodios de distintas clases. A construción das súas fábulas [mythos] debe ser tan clara como a dun drama; elas teñen que basearse nunha acción única, que debe ser un todo completo en si mesmo, cun principio, medio e fin, de maneira que a obra estea capacitada para producir o seu propio pracer con toda a unidade orgánica dunha criatura vivinte. Tampouco debe supoñerse que a épica debe construírse segundo a maneira usual nas nosas historias. De igual modo que dous acontecementos poden suceder ao mesmo tempo, por exemplo, a batalla naval de Salamina e o enfrontamento cos cartaxineses en Sicilia, sen concordar no mesmo fin, así tamén en determinada secuencia de tempo dous feitos poden seguirse un ao outro sen producir un resultado único. Non obstante, pódese dicir que a maioría dos nosos poemas épicos ignoran esta distinción. Aristóteles Tomachevski Todorov Genette Narración Trama Discurso Relato Mythos Fábula Historia Historia Praxeis (feitos) Aristóteles, por exemplo, decátase de que o dramaturgo está “rexido” polas pautas da temporalidade; é dicir, que o tempo é fundamental na acción e que pode haber dúas accións ao mesmo tempo (simultaneidade e simultaneísmo). Neste tipo de acción destaca a epopea. Unha diferencia fundamental en narratoloxía é a que afecta á historia e ao discurso. O tempo para os seres humanos transcorre cronoloxicamente (a orde do reloxo), como tempo como sucesividade (causa-efecto). O discurso é a transfiguración narrativa da historia; é dicir, hai moitas historias que empezan polo final (por exemplo: Crónica de una muerte anunciada). Genette é o último en facer esta distinción e falar da narración como situación narrativa (marco pragmático- comunicativo que da lugar a un determinado relato). A pragmática do relato é a situación (quen lle fala a quen e por que). Falar do acto narrativo, en vez de relato ou narración, supón introducir a dimensión pragmática como un factor decisivo na consideración teórica. No relato sempre hai alguén que conta algo a alguén, e a pragmática involucra ao enunciador e ao enunciatario, sexa na súa representación mediante deícticos e apelacións, sexa como participantes na situación ou circunstancia. Propp é moi importante porque dixo que os estudos literarios quere acadar os estados científicos, no caso do relato. É moi importante todo o que se repite por detrás de toda esa variabilidade.
A enunciación literaria: o concepto de enunciación literaria e teoría da enunciación narrativa. Niveis de enunciación literaria : Autor empírico e lector empírico. Autor implícito non representado e lector implícito non representado. Autor implícito representado e lector implícito representado. Narrador e narratoria. Paranarrador e paranarratoria. Alén dito: edito ficticio e paratexto, a nación de skaz... A voz : Cómpre distinguir entre historia e nivel narrativo. Dentro da historia podemos distinguir: Narrador heterodiexético : O narrador está foira da historia que narra. Narrador homodiexético : O narrador está dentro da historia que narra. Narrador autodiexétio : O narrador coincide co protagonista (destacan as autobiografías. Dentro do nivel do narrador destacan: Narrador exytadiexético : Narrador en primeiro grao. Narrador intradiexético : Narrador en segundo grao. Narrador metadiexético : Hai un narrador dentro doutro narrador, presenta unha ruptura do marco narrativo. Moitos destes conceptos non aparecen en todas as obras; é dicir, non todas as obra literarias presentan todas estas características. Na narratoloxía, o fundamental é a diferencia entre o marco principal da historia e todas as diversas historias que este contén. Non só hai voz nos relato, tamén hai mirada, e non son o mesmo concepto, aínda que ás veces poidan coincidir. Para Gentte, existen tres tipos de focalización ou punto de vista: Fora do relato (focalización externa): Desde esta situación cando quen narra sabe menos que a personaxe, polo tanto é narrador testemuña.
Dentro do relato (focalización interna): Dáse esta situación cando quen narra sabe tanto como a personaxe, polo tanto é un narrador protagonista. Non ter focalización (focalización cero): Dáse esta situación cando quen narra sabe máis que a personaxe, polo tanto é un narrador omnisciente. Clasificación dos narradores segundo Darío Villanueva: Darío Villanueva integra “que ve?” (visión, enfoque ou perspectiva) e “quen fala?” (voz). Hai diferentes niveis, desde o máximo de telling (1. Omnisciente autorial) ao máximo de showing (8. Modo cinematográfico); entre eses dous temos unha amplia gama de posibilidades de narrar:
Se pensamos na idea de tempo, o primeiro que hai que pensar é que a temporalidade é un dos eixes da narrativa. Todos temos unha noción do que somos, e mesmo a nivel histórico, temos a memoria histórica. O tempo e o espazo sempre están vinculados coa narratoloxía e sobre todo coas nosas propias vidas. A narrativa susténtase no termo de tempo e temporalidade. A temporalización é o termo feito arte, a ordenación do tempo nun relato. Unha cousa é a gramática , outra é a literatura , que a partir das regras gramaticais constrúe as súas propias concepcións. Según San Agostiño de Hipona, sabemos o que é o tempo si non nolo preguntan, pero cando nos fan esa pregunta, non sabemos responder con exactitude o que é. Debemos ter en conta dous termos fundamentais que non se deben confundir, e estes son a historia (os contidos narrados) e o discurso (expresión deses contidos). Hai varios tipos de tempo: Tempo físico : Movemento dos astro, día e noite, cambios de estacións... Tempo crónico : Tempo domesticado, aquel que serve como referencia ás persoas nos intercambios comunicativos. É un tempo convencional xa que serve para organizar a nosa vida. Tempo psicolóxico : Percepción persoal do tempo; é un tempo elástico, depende dos nosos gustos. Tempo lingüístico : Tempo que instauran as e os falantes ao apropiarse do código. instáurase en cada acto comunicativo, é intersubxectivo. É un tempo mediatizado pola linguaxe; non equivale ao literario,
A elipse (en cine “fundido en negro”) consiste en emitir partes dunha historia, polo que se ten que deducir ao ler.
A partir do s. XX, considérase que hai un xiro espacial; é dicir, a noción dominante é a noción de espacialidade (espazo e tempo teñen que ser analizados no seu conxunto, xa que están totalmente unidos e polo tanto temos que saber relacionalos). Os personaxes tamén teñen moito que ver co espazo, xa que son os habitantes do mundo e, polo tanto, imprescindibles para analizar o espazo (e viceversa). Quen fala é quen rexe a narración (1º en ser analizado); de onde/cando está situada a voz é o punto de partida para analizar todo o demais (tempo, espazo e personaxes).
A narratoloxía do s. XX baséase en que o personaxe non é un ser vivinte, senón un ser actuante. Non hai que entender o espazo como un soporte da acción dos personaxes; senón que é un elemento estruturante de todo o relato. A física platónica reúnese no “Timeo”. Kant fala de que a experiencia artística depende da perspectiva (a conciencia humana está concibida polas formas a priori da sensibilidade, que son o espazo e o tempo). Intenta dicir que dependendo das concepcións persoais, cada un ve unha cousa distinta aos demais. O espazo é unha das categorías estruturantes máis destacadas de todo o relato, non é mero soporte da acción. O espazo na análise fenomenolóxica de G. Bachelard, aquel que revela nos seus límites formas comprimidas de tempo. O propio espazo está marcando o tempo da novela. Moitas veces, incluso o espazo poder ser un personaxe mais (incluso o protagonista). Por exemplo, La Colmena é unha obra na que o protagonista é a propia colmea, é dicir, Madrid. O espazo non é neutro, senón que está afectado pola valoración. A casa, por exemplo, é o lugar de onde vimos, a onde probablemente volveremos, “o útero materno” e probablemente dependendo da nosa evolución, pode ser interpretado como unha cousa ou non. O espazo da historia é máis ou menos identificado cun referente; que pode conter ou non personaxes. Contén os personaxes, convértese nun signo de valores e relación diversas. Hai espazos urbanos e domésticos, espazos abertos, viaxes... O espazo do discurso sería un filtro para contar o que pasa (só existe n ficción narrativa). É a maneira concreta en que é visto e contado o espazo, como está sometida á focalización da voz narradora e dos personaxes... Por exemplo, Vetusta en La Regenta. A relación entre estes dous ven dada pola metonimia e pola metáfora. Por exemplo, falando dun nicho represéntase a angustia. A tradición retórica grecolatina, herdada polos tratados medievais, definiu unha poética do espazo. A súa tipificación retórica enfocouse como un dos loci ou preguntas básicas do sistema oratorio. Destacan: locus amoenus, locus eremus, locus horribilis. Concepción da descrición como ancilla narrationis e como amplificatio. Tipoloxías descritivas : prosopografía (descricións físicas dunha persoa), etopeas (descrición das personalidades dunha persoa), pragmatografías (descricións de obxectos), topografías (descricións de lugares físicos, paisaxes...) cronografías (descricións temporais)… Bahkin o que fai é relacionar a teoría da relatividade coa literatura. Nos como lectores, no primeiro no que nos fixamos nunha historia son os personaxes; pero en realidade os personaxes teñen valor actanical ; é dicir, só serven para axudar á trama. O concepto de cronotopo segundo M. Bakhtin Asenta na conciencia da indisolubilidade das dimensións espacial e temporal. Os elementos do tempo revélanse no espazo, e o espazo é medido e entendido a través do tempo. É un concepto introducido pola teoría da relatividade de A. Einstein, reformulado no marco dos estudos literarios por M.Bakhtin. Os distintos cronotopos determinan as variantes do xénero novelesco ao longo da historia: cronotopo do camiño, cronotopo do castelo... O cronotopo ten relevancia temática, dado que funciona como centro organizador dos principais acontecementos do argumento.
S. Rimmon-Kenan apostou pola análise dos matices ideolóxicos: complexidade, profundidade e transformación. A figura do heroe tamén foi moi debatida durante o s. XX.